Publicador de contidos

Publicador de contidos

Ferido grave un home que caeu por un barranco nas pozas de Aranza, en Soutomaior

Ferido grave un home que caeu por un barranco nas pozas de Aranza, en Soutomaior

Os seus acompañantes deron a voz de alarma logo de que esvarase cando estaban na zona de baño

Os equipos de emerxencias fixeron fronte a un rescate complexo pola dificultade de acceso e a falta de luz solar

G24.gal 29/06/2026 09:37

Un home sufriu feridas graves ao caer por un barranco nas pozas de Aranza, no río Oitavén, en Soutomaior. Os equipos de emerxencias fixeron fronte a un rescate complexo pola dificultade de acceso e a falta de luz solar.

A iluminación artificial resultou fundamental para poder sacar o mozo. Os efectivos de rescate tiveron que percorrer un carreiro realmente estreito e pegado a un cantil mentres ía escurecendo. Polo cantil, precisamente, escorregou o mozo cando percorría a zona de baño en compañía doutra persoa, quen chamou ao 112 Galicia tras a caída. Eran as nove da noite pasadas.

De feito, a falta de horas de luz converteuse nun obstáculo que limitou a mobilización de certos recursos. Por iso, o rescate debeu realizarse con medios terrestres, malia a participación dos efectivos do Servizo de Gardacostas de Galicia, que acudiron a bordo do Pesca I. Porén, só puideron iluminar, xa que nin a orografía nin a visibilidade ofrecían as condicións necesarias para realizar un rescate seguro.

Finalmente, a intervención médica permitiu estabilizar o ferido, que sufría un colapso pulmonar por un traumatismo na zona do tórax. Avanzaron camiñando e foi acompañado por bombeiros do Baixo Miño e membros do GES de Mos ata onde agardaba a ambulancia. Posteriormente, foi evacuado por unha dotación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 ao Hospital de Montecelo en Pontevedra. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade