Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un barco de rutas turísticas queda varado no río Ulla

Un barco de rutas turísticas queda varado no río Ulla

Non houbo persoas feridas nin verteduras e o armador terá que retiralo cando volva subir a marea

G24.gal 24/06/2026 21:10

Un antigo barco bateeiro que na actualidade está destinado a rutas turísticas quedou varado no río Ulla, sen que se rexistrasen persoas feridas.

Segundo informaron fontes de Salvamento Marítimo, foi sobre as 12.50 horas deste mércores cando o patrón doutra embarcación deu a voz de alarma e indicou que non había ninguén a bordo do barco.

Ata o punto, na zona de Isorna, desprazáronse dous voluntarios de Protección Civil de Rianxo para realizar tarefas de apoio a Salvamento Marítimo.

Alí comprobaron o estado da embarcación e verificaron que non existían verteduras nin perdas de combustible que puidesen supoñer un risco para o medio mariño e a contorna.

Agora, segundo detallaron as mesmas fontes de Salvamento Marítimo, o armador deberá sacar o barco na seguinte preamar.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade