Morre unha persoa tras envorcar unha pa xiratoria no concello de Baleira
O persoal sanitario que se desprazou ata o lugar non puido facer nada por salvarlle a vida
Arquivo
O 112 Galicia informou de que unha persoa quedou atrapada debaixo dunha pa xiratoria despois de que envorcase en Loureiro, na parroquia de Martín, en Baleira.
🔴 #AXEGAInforma dunha persoa falecida en Baleira.
— 112 Galicia (@112Galicia) June 23, 2026
📍Loureiro, parroquia de Martín.
➡️ A vítima quedou atrapada por unha pa xiratoria que envorcou.
🔗 https://t.co/LnICi1Xc1d pic.twitter.com/jzlvtatmIi
Os feitos ocorreron contra as 14:00 horas deste martes. Os xestores do 112 Galicia informaron do ocorrido ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que xa tiña constancia e mobilizou o helicóptero medicalizado con base en Ourense ata o lugar do sinistro, onde só puideron confirmar o falecemento da persoa.
Tamén acudiron os Bombeiros de Sarria, a Garda Civil e a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Baleira.
Os efectivos traballan no lugar para liberar o falecido.