Publicador de contidos

Publicador de contidos

Lauren Ebo, potencia e puntos para a pintura do Ensino

Lauren Ebo, potencia e puntos para a pintura do Ensino

A pivote xogou con Nixeria os Xogos Olímpicos de París

Promediou 9,6 puntos e 6 rebotes na pasada Liga co Joventut de Badalona

G24.gal 23/06/2026 15:37 Última actualización 23/06/2026 15:46

A xogadora, de 1,93 metros de altura e que acaba de cumprir 26 anos, ten dobre nacionalidade nixeriano-estadounidense, é internacional con Nixeria e promediiou 9,6 puntos e 6 rebotes na pasada Liga co Joventut de Badalona cunha efectividade do 53,3% en tiros de dous puntos e 43,3 % en tiros libres. Tamén lanzou 9 triplos durante a tempada, dos cales anotou 3. Competiu nas 30 xornadas da liga regular. Destaca pola súa forza, xogo ao poste, entendemento do xogo e intimidación.

Lauren Ebo, nacida en Farifax (Virxina, nos Estados Unidos) xogou os pasados Xogos Olímpicos de París 2024 con Nixeria competindo nos 4 partidos alcanzando os cuartos de final, o mesmo que a súa nova compañeira Andrea Vilaró, despois de gañar o Preolímpico de Bélxica, onde promedió 6 puntos nas 3 xornadas disputadas. Ebo xogou na NCAA (Liga Universitaria Estadounidense) en Texas, Notre Dame e Penn State cunha media de 9 puntos e 7 rebotes na súa última tempada (2022-2023) con 50.3% en tiros de dous puntos e 73.9% en libres.

A pivote fichou o verán pasado polo Joventut procedente do Klub Sportowt - KS Basket, de Polonia, onde logrou 15,4 puntos, 10,1 rebotes e 19 créditos de valoración.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade