Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Ensino compite ata o final pero queda eliminado da Liga en Valencia (73-70)

O Ensino compite ata o final pero queda eliminado da Liga en Valencia (73-70)

As luguesas caeran no partido de ida por 13 puntos e foron gañando por 14

Finalmente o Valencia remontou e pasou ás semifinais, onde xogará co Xirona

Foto: @valenciabasket Foto: @valenciabasket
G24.gal 03/05/2026 20:24

O Ensino saltou o Roig Arena para medirse o Valencia Basquet sen medo, coa intención de remontar os 13 puntos de desvantaxe do partido de ida. 11 puntos arriba ao final do primeiro cuarto cunha gran actuación de Haidara, 11 puntos neses primeiros dez minutos.

E as galegas chegaron a superar o basket average no segundo cuarto ata que o Valencia empezou a apertar e chegou o descanso seis abaixo, 32-38.

Aguantaron as de Suso Garrido tras o descanso lideradas por Lydia Giomi, 8 puntos para ela e 53-55 antes dos derradeiros dez minutos. Nos que o Valencia tirou de calidade e rotación para acabar gañando partido. Pero as mellores foron galegas: Haidara e Giomi, 20 puntos e 24 de valoración para ambas as dúas.

Rematou a temporada do Ensino, unha temporada de matrícula de honra.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade