Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Ensino non pode co Valencia no primeiro partido da eliminatoria (72-85)

O Ensino non pode co Valencia no primeiro partido da eliminatoria (72-85)

As lucenses terán que remontar o domingo no Roig Arena se queren estar nas semifinais

O técnico galego Suso Garrido recibiu nos prolegómenos o premio ao mellor adestrador da temporada para a Federación Española de baloncesto

@EnsinoLugoCB @EnsinoLugoCB
G24.gal 30/04/2026 20:06

O Ensino Lugo terá que remontar o domingo en Valencia se non quere dar por finalizada esta brillante temporada que está realizando o conxunto lucense. O primeiro partido dos cuartos de final da liga feminina de baloncesto marchou para terras levantinas e o cadro lucense terá que gañar por máis de trece puntos se quere seguir con vida neste campionato.

Era o cuarto enfrontamento da temporada entre os dous equipos. As valencianas gañaran xa no Pazo na liga e tamén na Copa do Rei. Pero hai tres semanas eran superadas polo Ensino na súa propia casa. Seguramente a cercanía dese resultado fixo que o equipo de Rubén Burgos saíse coas orellas tesas e xa de saída impuxo un alto ritmo de xogo e acerto. Dirixidas pola estadounidense de pasaporte serbio Yvonne Anderson, moi acertada desde a liña de tres puntos, rapidamente colleron unha vantaxe de oito puntos, 3-11, o que obrigou a solicitar o primeiro tempo morto oa destrador local Suso garrido. Reaccionou o cadro lucense, grazas as triplas de Haidara e Tate e a dirección de Alicia Flórez, e pese a chegar a perder por 11 puntos, 12-23, conseguiron rematar o cuarto a sete puntos grazas a unha canastra case sobre a bucina de Alicia Flórez (18-25).

No segundo cuarto ambos equipos intercambiaron canastras, realizando un baloncesto moi dinámico, chegándose ao descanso co 34-43 favorable as visitantes. Non quería sorpresas o equipo valenciano que impuxo unha marcha máis no terceiro período , amparado no tridente Hillsman, Fiebich e a ourensá Raquel Carrera, rachando o partido e rematando o cuarto con dezaseis puntos de vantaxe (50-66). E no último cuarto alongarían a distancia a vinte puntos, 53-73- Pero o cadro lucense non se quería deixar ir e de novo da man de Haidara e Flórez reaccionou colocándose a oito puntos a dous minutos do final (68-76). Tempo suficiente para que un novo arreón do conxunto taronja deixara a diferenza final en trece puntos, 72-85.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade