Desvalixan dous pisos en Lugo aproveitando que os donos sairan de fin de semana
Tomárono con calma, mentres revolvían fumaron e beberon
Buscaban unha caixa forte que non había, levaron xoias e reloxos
Non quedou nada nos caixóns nin nos armarios, crese que revolveron todo en busca dunha caixa forte que non había.
"Roubaronlle ao meu veciño", conta unha muller.
Non había caixa forte, pero non se foron de baleiro.
"Levaron cartos e xoias", di a veciña.
É o que buscan, e desta vez tomárono con calma, xa que, mentres revolvían, beberon e fumaron.
"Eles sairan de fin de semana, marcharon do Arde Lucus, da medo deixar a casa soa", conta unha muller.
Nalgunhas urbanizacións xa toman medidas.
"Nós vamos instalar cámaras de videovixilancia", di unha muller.
Na última casa que roubaron tamén pasaron varias veces a chave, pero entraron igual. O mesmo ocorreu hai uns meses neste edificio do centro, nesa ocasión mesmo gravaron as ladroas no portal. Roubos cada vez máis frecuentes cometidos por bandas itinerantes.