Publicador de contidos

Publicador de contidos

Moito traballo antes da festa

Moito traballo antes da festa

Recibir provedores, montar palco para a música, cargar neveiras e rematar a cacharela son algunhas das moitas tarefas que na últimas semana realizaron os organizadores das fogueiras

Nesta noite de xuño os bares fan o seu agosto
G24.gal 23/06/2026 14:47

Non todo é chegar e encher. Detrás dunha noite de San Xoán hai moito traballo previo. Nun local de Teo está previsto que se congreguen ao redor de 600 persoas, e levan varios días sen descanso para que a noite sexa perfecta.

"Neste local levamos 16 anos, eu e maila muller. Empezamos primeiro alí cunha cousiña tal, pero a xente animouse e empezoulle a gustar e entón pois vaia cada día fomos profesionalizándonos máis, claro", apunta Oliverio Pereiro, responsable de organizar o San Xoán no bar As Brasas.

Esta noite servirán polbo, churrasco e sardiñas a discreción.

 "Vale, agora hai que botarlle o sal, aí as tres, eu bótollo ás tres porque empezo ás sete, catro horiñas con sal gordo", explica Oliveiro.

A mañá foi un ir e vir de provedores e organizadores de eventos. Para eles estes son tamén días de moita trasfega.

 "Xa levamos uns días que imos poñendo baños, imos poñendo valados, piden os mostradores para poñer e dar servizo", relata Jose Manuel Bicallo, quen traballa nunha empresa de subministración de material para eventos.

A calor está garantida, e non poden faltar xeo e bebida. As neveiras tampouco dan abasto para arrefriar todo.

"É unha fachenda facerlles esta festa aos veciños e aos clientes da casa, pero si isto cansa moito eh, son días antes, o propio día, o estrés que levas enriba", conta Cristina Freiría, propietaria do bar As Brasas.

Comida, bebida, cacharela, fogos artificiais e música. Máis non se pode pedir.

"Traio un gaiteiro, metémoslles tamén un pouquiño dun DJ para darlle un pouquiño de música e tal e un grupo de música, o grupo NASH", engade o organizador da festa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade