Retiran toneladas de lixo das praias tras as fogueiras San Xoán, que deixaron case 400 incidencias
A Coruña celebra o San Xoán 'máis limpo en moitos anos', coa metade de lixo nas praias, segundo a alcaldesa
O lume espanta as meigas nunha noite máxica con case 400 incidencias en Galicia
Os bos desexos e as malas enerxías pasaron polas lapas. Galicia vibrou coa luz das cacharelas espalladas por todo o país, especialmente en Nigrán e na Coruña. E estae mércores houbo que limpar. Desde primeira hora, os operarios na praia do Orzán retiraron toneladas de lixo. Con todo, segundo nos contaron, as 200.000 mil persoas que ateigaron rúas e areais este anos portáronse mellor e, ao parecer, deixaron menos despedicios ca outros anos.
De novo neste 2026 os areais da Coruña, onde a festa está declarada de Interese Turístico Internacional, e o de Panxón, no Concello de Nigrán, reuniron unha multitude de persoas dispostas a vivir a festa na noite mais curta do ano.
Unha noite arredor da que xira unha parte importante do lendario galego, na que o lume serve para deixar atrás o que non queremos e mirar ó futuro con esperanza. En Panxón, hai quen cada ano repite un ritúal que vai mais aló de saltar a fogueira
E coa chegada do sol vai rematando a festa. Na Coruña, o concello estima que se deron cita dúascentas mil persoas, delas, cen mil nas praias de Riazor e Orzán, que foron desaloxadas ás seis da mañá para dar paso ós labores de limpeza. A Concelleira de Medio Ambiente, Yoya Neira, fixo fincapé na falta de incidentes.
A esta hora as praias, tanto do norte como do sur de Galicia, están xa preparadas para recibir quen necesita, e pode, escapar do calor.
O San Xoán da Coruña, o máis limpo en anos
A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, sinalou que a celebración do San Xoán foi a "máis limpa en décadas" ao constatar que a cantidade total de residuos recolleito polos servizos de "diminuíu un 50%".
"É un claro síntoma de que a cidadanía cada vez está máis concienciada, e de que se divirte dunha forma máis responsable", sinalou a rexedora, á vez que felicitou a "todos os que fixeron as cousas ben" e demostraron que desfrutar da festa "non impide manter unha actividade cívica e responsable".
Os servizos retiraron das praias 22,76 toneladas de lixo fronte ás 44 do pasado ano, no que tamén caeu o volume de residuos con respecto a 2025. Con todo, incidiu en que "seguirá pelexando" por unha festa cada vez máis limpa, sendo conscientes de que é imposible alcanzar os residuos cero, aínda que só sexa polos restos das fogueiras.
A rexedora da cidade herculina tamén agradeceu ás 55 entidades do plan piloto de parcelas o seu "comportamento exemplar", xa que na súa zona os residuos recollidos "foron practicamente cero".
Preto de 400 incidencias
Preto de 400 incidencias se rexistraon esta pasada noite de San Xoan, a maior parte delas relacionadas con asistencias sanitarias.
Unha noite movida para os servizos de emerxencia, que como cada ano están alerta. Foron un total de 370 as incidencias, a maioría por intoxicacións etílicas. Pero tamén atenderon queimaduras e interviron en pelexas e agresións diversas.
Por provincias, a Coruña foi a que rexistrou o maior número de intervencións, seguida de Pontevedra, Lugo e Ourense. Pero en xeral foi unha noite coas incidencias habituais nesta celebración.
Altercado en Riazor
A Policía Local da Coruña desprazouse a primeira hora deste mércores a Riazor para mediar nun pequeno incidente.
Foi unha intervención entre un mozo que estaba rompendo botellas de cristal en plena rúa e un grupo que se sentiu acosado por esta persoa. A bronca non chegou a máis, pero sobre a beirarrúa quedaron os restos dos cristais.
Os afectados contaron que nalgún momento se sentiron intimidados e que recibiron insultos por parte da persoa que ocasionou este balbordo.