Publicador de contidos

Publicador de contidos

A calor extrema pon a Mariña lucense en alerta vermella

A calor extrema pon a Mariña lucense en alerta vermella

A Xunta inclúe toda a provincia de Lugo en alerta máxima pola calor

Ata A Mariña é un forno con temperaturas extremas que acadarán os 33 graos en Mondoñedo

Mondoñedo é un forno onbde a temperatura acada os 33 graos
G24.gal 23/06/2026 14:42

A Mariña lucense, o tradicional refuxio climático de Galicia, é estes días tamén un forno coa previsión de acadar os 32 e 33 graos nos concellos do interior da comarca como O Valadouro e Mondoñedo.

Os veciños non están afeitos a temperaturas tan extremas

"Horrible, isto é moito, aquí nunca pasou isto". "Temos un microclima. Normalmente non vai nin unha calor excesiva nin un frío excesivo". "Aquí non estamos afeitos a estas temperaturas e é peor aquí en Mondoñedo que na costa onde corre algo de brisa do mar pero isto é un forno". "Trinta graos non é normal por aquí e menos nesta época".

A alta humidade aumenta a sensación de abafo.

"É moi sufocante. Eu veño de Canarias e estou afeita a calor humida pero está intenso". "A sensación de humidade é peor que a calor aínda".

Unha calor que convida ao refuxio nas casas da cidade de pedra.

"Nas casas antigas que son todas de pedra estase moito mellor". "A partir desta hora hai que ir pra casa. Aquí menos mal que a maioría son de pedra, méteste dentro e estás máis ou menos cómodo".

Cómpre buscar a sombra e xeitos de refrescarse para combater a fogaxe. 

"Beber moita auga, hidratarse e non estar ao sol". "Os días que podemos baixamos a praia e se non ao río". "Ir menos tapados, algo máis frescos e traballar con ventilador. Aproveitar pra ir a praia porque estamos preto do mar. Incluso en Mondoñedo temos sitios como O Coto pra darse un baño". "Roupa fresca, auga fría e piscina".

Recomendable tamén unha dieta lixeira e rica en auga.

"Ensaladas frías, tanto de verduras como meterlle froitas. Moito melón, moita sandía, cousas que teñan moita auga, que te sacien e che saquen a sede".

Nun San Xoán tropical en Lugo o Concello chama á prudencia para garantir a seguridade nas 300 cacharelas que alumearán a cidade a murallas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade