Publicador de contidos

Publicador de contidos

Case toda España, en alerta pola vaga de calor

Case toda España, en alerta pola vaga de calor

As temperaturas non baixarán dos 35 graos

No interior de Euskadi, en Córdoba, Xaén e no val de Liébana, en Cantabria, o nivel é vermello por risco extremo

G24.gal 23/06/2026 13:16

Toda España, agás as Canarias e as cidades autónomas, está hoxe en alerta por altas temperaturas, que non baixarán dos 35 graos.

No interior de Euskadi, o val de Liébana en Cantabria e as provincias de Córdoba e Xaén, o nivel é vermello por risco extremo.

Unha xornada máis as temperaturas superaran os 40 graos en moitos puntos da Península e as illas Baleares.

Sobre todo no norte, a calor rexistrada supón 10 graos por riba do que é normal nesta época do ano.

"Saímos ás oito por dar unha volta cando baixa a temperatura, pero é infernal. Agora mesmo estamos sen poder respirar practicamente".

"E marcaba o autobús vindo 43. Pois non te estrañe que aquí houbese 44 ou 45. Non o sei".

No interior de Euskadi, na comarca cántabra de Liébana e nas provincias andaluzas de Córdoba e Xaén, mantense activada a alerta vermella por calor extrema.

"Moitísima calor. Aquí en Xaén xa estamos afeitos a esta temperatura. Que non nos vén longo, a ver se vostede me entende".

"Pola noite tirando de aire acondicionado, cos pequenos e demais. Un pesadelo".

"A determinadas horas tes que ter coidado porque un exceso de calor pode trarte problemas de saúde".

Noutras dez comunidades o nivel da alerta é laranxa e amarelo en tres máis.
Só as illas Canarias e as cidades autónomas de Ceuta e Melilla escapan desta primeira vaga de calor do verán.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade