Publicador de contidos

Publicador de contidos

Declara o home acusado de ferir o tío cun machete nunha disputa familiar

Declara o home acusado de ferir o tío cun machete nunha disputa familiar

"O tío dixo que estabamos matando a irmá e nós coidabámola ben", segundo contou a parella do detido

A Policía Local atopou o machete con manchas de sangue na casa, dentro da súa funda

G24.gal 23/06/2026 14:32

Suponse que o sobriño golpeou o tío co primeiro que lle veu á man, un machete que a policía atopou con manchas de sangue dentro da súa funda. Todo ocorreu despois dunhas acusacións provocadoras, segundo contou a parella do detido, a única testemuña.

"Ai, veu o irmán da nai da miña parella a buscala porque dixo que quería levar a irmá porque nós que a estabamos matando e nós coidámola ben", explica unha veciña.

A nai do detido, unha muller duns 75 anos, vivía con eles de maneira temporal, recuperándose dunha operación. Xa empezaron mal.

"Non lle deberon de abrir o portal porque ela díxome que saltara por riba do muro e que forcexeraron", engade a muller.

O forcexo empezou na horta, do portal para dentro, a xulgar polo regueiro de sangue que se estende ata a estrada, pero, cando chegou a policía, a vítima estaba no camiño con feridas na cabeza e nos brazos.

"Eu mirei sangue por aí e estrañoume", di un veciño que non se decatara.

Sacaron as táser, pero non foi preciso usalas porque o agresor non opuxo ningunha resistencia. 

"Díxome que levaran a parella esposada, que ela ía declarar e que a nai foi para Povisa", confirma a veciña.

Para os veciños, foi unha mala hora e o asombro aumenta conforme van sabendo. 

"É unha xente boa. Eu lévome ben con eles e quedei sorprendido ao pasar iso".

"É unha xente moi tranquila, unha parexilla moi tranquila. Nunca houbo un problema con eles. Non sei que pasou".

O suposto agresor xa pasou polos xulgados para aclarar que pasou nese intercambio de máis ca palabras. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar