Publicador de contidos

Publicador de contidos

Detido en Ferrol o home que fuxira tras cortarlle a orella a un veciño en Fene

Detido en Ferrol o home que fuxira tras cortarlle a orella a un veciño en Fene

Foi apresado nunha vivenda ocupada situada no barrio de Caranza

O home permanecía en paradoiro descoñecido desde o pasado 1 de xuño

G24.gal 18/06/2026 10:33

A Garda Civil detivo en Ferrol o presunto autor da agresión que o pasado 1 de xuño deixou a un veciño da Capela, en Fene ) sen parte dunha orella. Atacouno cunha fouce e agrediu a muller da vítima tras romper a ventá do vehículo no que ambos viaxaban.

Efectivos do posto de Fene deron con el nunha vivenda ocupada do barrio ferrolán de Caranza, concretamente nas coñecidas como casas de Bazán. O sospeitoso atopábase en paradoiro descoñecido desde que se produciron os feitos na parroquia de Sillobre.

Os investigadores constataron que o agresor residía de xeito irregular nunha casa ocupada en Sillobre, onde compartía teito con outros dous homes de avanzada idade. Non é a primeira vez que este individuo xera tensións entre a veciñanza. Fontes próximas á investigación sinalaron que xa protagonizara incidentes previos con ameazas a outros residentes da zona.

O detido pasará nas próximas horas ao dispor do xulgado de garda de Ferrol.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade