Publicador de contidos

Publicador de contidos

A concelleira de Vigo investigada polo accidente do 'Saltón' responsabilizou a Policía Local

A concelleira de Vigo investigada polo accidente do 'Saltón' responsabilizou a Policía Local

O xornal ABC difunde un vídeo da súa declaración xudicial, que tivo lugar o pasado mes de febreiro

TVG
G24.gal 18/06/2026 08:43

Sae á luz a declaración da concelleira de Vigo investigada por homicidio imprudente polo caso do Saltón de Matamá. Ante o xuíz, nun vídeo difundido polo xornal ABC, Patricia Rodríguez responsabilizou a Policía Local.

A edila de de Seguridade de Vigo defendeu que precintar a atracción era competencia da Policía Local. Na súa declaración como investigada, Patricia Rodríguez asegurou que descoñecía que o Saltón seguise en funcionamento.

Meses despois desta comparecencia, que tivo lugar en febreiro de 2026, o xuíz decretaba o arquivo da causa contra o xefe de Policía Local. No procedemento, encamiñado xa cara a xuízo, unicamente continúan a concelleira e o propietario da atracción, despois de non prosperar o recurso presentado por Patricia Rodríguez. No accidente, en 2024, faleceu un home de 36 anos ao desprenderse un dos brazos do Saltón

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade