Cargando resultados...
De oficio, torneiro
O de torneiro de madeira era un oficio moi típico da Galicia rural, que foi desaparecendo e quedan poucos en activo
Os que quedan buscan agora transmitir os seus coñecementos para que non se perda toda a sabedoría
G24.gal
17/06/2026 21:53
Na zona das Pontes chegou a haber 21 torneiros censados alá polo século XV. Un oficio que foi pasando de pais a fillos. Dende hai décadas, perdeuse o oficio para fabricar útiles e colle forza a vertente máis artística.
É o caso de Aitor Martínez, un tomiñés que hai apenas uns 7 anos atopou no torneado da madeira a súa vocación. As súas pezas levárono a acadar o Premio Nacional de Artesanía.
É o futuro polo que apostan no Encontro de Torneiros. Defenden que a madeira e os seu traballo aínda teñen un bo futuro por diante.