Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un acto vandálico causou importantes danos no cruceiro do Cristo de Valdexería, en Muros

Un acto vandálico causou importantes danos no cruceiro do Cristo de Valdexería, en Muros

 Varias pezas do cruceiro apareceron esparexidas polo chan na madrugada do sábado

O suceso provocou a indignación da veciñanza da parroquia de Serres

G24.gal 15/08/2026 20:56

Sobre este pedestal erguíase o cruceiro do Cristo de Valdexería, na parroquia de San Xoán de Serres, no concello de Muros. Esta madrugada, apareceu escachado no chan en varios anacos.

"Sete ou oito anacos, si. Estaba tirado na rúa". "Síntoo moito, a verdade é que me doeu moito cando mo dixeron", comentan dous veciños.

 Alguns veciños aseguran que pouco despois do estrondo provocado pola caída do cruceiro, viron varias persoas marchando ás presas do lugar.

"Tivo que ser alguén, un accidente non foi. Sentiron o ruido e cando foron mirar viron xente escapar a correr", comenta unha veciña.

Os restos do cruceiro foron retirados por efectivos do Grupo de Emerxencia de Muros e permanecen custodiados en dependencias do concello.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos