Publicador de contidos

Publicador de contidos

As colareiras do Grove transforman en artesanía as pequenas cunchas que recollen nos areais

As colareiras do Grove transforman en artesanía as pequenas cunchas que recollen nos areais

Unhas trinta mulleres manteñen vivo un oficio con preto de douscentos anos de historia

Montse Betanzos expón as súas creaciós na feira Mostrart da Coruña

G24.gal 09/08/2026 09:23

Hai oficios que nacen do mar. No Grove, as pequenas cunchas das praias deron forma a unha tradición artesanal que hoxe apenas manteñen viva unha trintena de mulleres. Montse Betanzos, terceira xeración de colareiras, soubo transformar aquelas pezas pensadas como recordos para os turistas en creacións únicas que atesouran a identidade da súa terra.

É a terceira xeración dun oficio con ADN cen por cento grovense. Montse Betanzos medrou enredando coas pequenas cunchas que recollían nas praias a súa avoa e a súa nai. Pero non sempre quixo ser colareira. Antes desempeñou un traballo gris.

"Miraba a miña nai e entusiasmábame a máis a vida que tiña ela que a miña propia. Foi o xeito de decidir retomar o oficio que aprendera de neno proxectándoo a un mercado exterior, que saíse fóra da illa da Toxa e do Grove", comenta.

Aquelas pezas que confeccionaban as mulleres do Grove para vendérllelas como recordo aos turistas da Toxa son a raíz do traballo artesanal de Montse, que introduciu novas formas e outros complementos sen perder de vista a tradición.

"Recolectamos a cuncha, seleccionámolo, despois na casa sécase, límpase e clasifícase por cores e tamaños. A que non ter cor reutilizámola e pintámola e mentres facemos estes procesos imos elaborando tamén as pezas".

Creacións que estes días locen nunha das casetas da feira de artesanía Mostrart, nos xardíns de Méndez Núñez da Coruña.

"Eu gozo con todos os procesos, pero o que máis me gusta é o contacto copúblico, contar a nosa historia e o arraigo cultural que ten o noso traballo".

Apenas quedan trinta colareiras en activo no Grove, mulleres que manteñen vivo un oficio cosido á area e ao mar.

 

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade