Rescatan un menor con síntomas de afogamento dunha piscina en Mondariz-Balneario
O cativo, foi atendido nun primeiro momento polo socorrista da instalación
Despois, foi evacuado polo equipo médico ao Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo
Un menor foi rescatado dunha piscina con síntomas de afogamento. Sucedeu pasadas as seis desta tarde en Mondariz-Balneario.
As persoas que chamaron ao 112 Galicia para alertar indicaron que ou rapaz apareceu flotando na auga da piscina. Inmediantamente, o sacaron e foi atendido polo socorrista da instalación.
Paralelamente, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia solicitaron a intervención dos recursos de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 co obxectivo de seguir prestando a atención necesaria.
Finalmente, o cativo foi evacuado polo equipo médico ao Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.
Algunhas das persoas que contactaron co número único de emerxencias explicaron que o pequeno mostraba síntomas de afogamento.