Publicador de contidos

Publicador de contidos

Morre unha peregrina alemá ao caer coa bicicleta por un desnivel de 30 metros

Morre unha peregrina alemá ao caer coa bicicleta por un desnivel de 30 metros

O 112 activou a atención psicolóxica especializada para atender a súa parella coa que facía o Camiño

O accidente ocorreu no lugar de Maariz
G24.gal 13/06/2026 17:36 Última actualización 15/06/2026 14:26

Unha peregrina alemá que facía o Camiño de Santiago en bicicleta faleceu na tarde deste sábado no concello de Mondoñedo. Segundo informa o 112, a muller caeu por un desnivel duns 30 metros no lugar de Maariz.

A Axencia Galega de Emerxencias activou a atención psicolóxica especializada para atender a súa parella, coa que saíra de Portugal. Esta noite tiñan previsto durmir en Foz.

No operativo participou a Garda Civil de Tráfico, o 061 e os Bombeiros de Barreiros. De acordo co testemuño destes últimos, a vítima, duns trinta anos, tivo "moi mala sorte" porque o treito non presentaba ningunha dificultade.

ciclista, duns 30 anos, baixaba pola aldea de Maariz para retomar a propia ruta xacobea. Cando a piques de chegar, nunha curva precipitouse coa bicicleta por un noiro duns 30 metros de altura. Daquela acudiron ata o lugar os servizos de emerxencias, que nada puideron facer para lle salvar a vida.

"Nós mobilizamos un taxi para levar o acompañante para Lugo canda ela. Veu o 061, obviamente, ademais dos bombeiros e da Garda Civil", sinala José Otero, responsable de Protección Civil de Mondoñedo

Pola súa parte, os axentes fixeron as dilixencias oportunas a raíz do acontecido. Segundo a veciñanza, no momento do sinistro rexistrábase unha temperatura de preto de 40 graos.

"O que me estrañou é que baixaran da N-634 cara a Maariz, cando normalmente os peregrinos saen da igrexa mindoniense dos Remedios en dirección a Maariz. É unha estrada asfaltada, e non recordo que houbera por alí nunca accidente ningún. Non entendo o que lle puido pasar. Ou foi un golpe de calor ou deulle un infarto ou calquera cousa que fixo que se botase coa bicicleta fóra do sitio polo campo", lamenta Otero. 

Unha vez avisada a familia da vítima, o cadáver foi enviado a Lugo para proceder á súa repatriación o antes posible.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade