Publicador de contidos

Publicador de contidos

Morren os doce ocupantes dun avión que se estrelou no estado de Misuri

Morren os doce ocupantes dun avión que se estrelou no estado de Misuri

A aeronave, que transportaba varios paracaidistas, acababa de engalar pero non puido gañar altitude

O lugar do accidentes. REUTERS O lugar do accidentes. REUTERS
G24.gal 14/06/2026 21:46 Última actualización 14/06/2026 22:02

Polo menos doce persoas faleceron este domingo nun accidente de avión na cidade de Butler, en Misuri (nos Estados Unidos), segundo informou a Patrulla de Camiños do estado no seu perfil de X.

Os axentes atópanse no lugar do sinistro -preto do aeroporto Butler Memorial Airport, na autoestrada Business Interstate 49- axudando o Departamento de Policía e á Oficina do Shériff do condado de Bates.

"Hoxe por hoxe, os informes indican que todos os ocupantes (12 en total) faleceron", escribiu a patrulla.

A aeronave, que transportaba varios paracaidistas do centro de caída libre Skydive Kansas City, acababa de engalar pero non puido gañar altitude. Tras virar á esquerda, estrelouse ao redor da 11:30 horas, segundo informa a NBC News.

A Xunta Nacional de Seguridade do Transporte dixo estar a solicitar información para investigar o acontecido. Polo de agora, as autoridades non difundiron máis detalles sobre o accidente.

O avión caeu preto dunha estrada. REUTERS O avión caeu preto dunha estrada. REUTERS
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade