Publicador de contidos

Publicador de contidos

Falece unha parella española nun accidente de avioneta no Perú

Falece unha parella española nun accidente de avioneta no Perú

Un total de 13 persoas faleceron cando sobrevoaban as Líneas de Nazca

O resto das vítimas son de nacionalidade italiana, xermana e peruana

 

Imaxe do lugar en que caeu a avioneta, no deserto de Nazca
G24.gal 02/08/2026 01:13 Última actualización 02/08/2026 14:20

Un total de 13 persoas faleceron cando se dirixían a sobrevoar as Líneas de Nazca, un dos principais reclamos turísticos da rexión de Ica, no sur do Perú.

As vítimas son unha parella española, outra xermana, e sete membros de dúas familias italianas. No sinistro tamén morreron os dous pilotos, de nacionalidade peruana.

O accidente produciuse contra as oito da tarde deste sábado, hora galega. A aeronave  dirixíase a sobrevoar os xeóglifos das Líneas de Nazca, que só se poden observar dende o aire.

O Ministerio de Transportes e Comunicacións do Perú explicou que a tripulación reportou unha emerxencia á torre de control do aeroporto de Nazca e que despois perdeu o contacto. Engadiu que, deseguido, se mobilizou os  bombeiros, que informaron de que non había superviventes.

A Comisión de Investigación de Accidentes de Aviación xa abriu unha investigación para clarexar as causas do sinistro.

A presidenta do Perú, Keiko Fujimori, lamentou o acontecido e indicou que se está a valorar a clausura temporal do aeroporto de  Pisco, dende o que partiu a avioneta.

Dáse a circunstancia que o venres se rexistrou na zona un fenómeno meteorolóxico coñecido como "ventos Paracas", consistente en refachos de moita intensidade que ocasionaron unha treboada de area e numerosos estragos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade