Cargando resultados...
Atopan un cadáver en Lugo, sen signos de violencia, e investígase se é unha persoa desaparecida
Os restos estaban semienterrados preto do xacemento arqueolóxico de Corro dos Mouros
Lugar no que foi atopado o corpo. TVG
G24.gal
23/09/2026 20:38
O cadáver, en avanzado estado de descomposición, foi atopado na tarde deste mércores por uns operarios de limpeza nunha zona de monte na cortorna de Lugo.
Os restos estaban semienterrados preto do xacemento arqueolóxico de Corro dos Mouros.
Ata o lugar desprazáronse varias patrullas da Policía Nacional, que inspeccionaron a zona en busca de probas. O cadáver foi posto a disposición do Imelga para que os forenses lle realicen a autopsia. As primeiras análises descartan unha morte violenta.
De momento mantéñense abertas todas as hipóteses e unha delas é que os restos sexan os dunha persoa desaparecida.