Catro roubos en quince días na mesma parroquia de Vilagarcía
Os fegreses están cansos dos constantes estragos nos petos e nas fiestras
A Policía Científica xa tomou pegadas e o home podería estar identificado
Catro roubos en quince días é o balance dos ataques á parroquia de San Martiño de Sobrán, na localidade de Vilaxoán, en Vilagarcía. Na primeira ocasión o ladrón, moi delgado e áxil, conseguíu un bo botín, pero agora debería saber que xa non hai cartos en petos e lampadarios.
Tres veces entraron por unha das estreitas fiestras da ábsida, rompéndoas, e nesta cuarta, á madrugada, por un cristal reforzado que tamén tiveron que rebentar.
O que non entenden os fegreses é porque teima tanto en entrar cando xa non hai cartos no templo. Xa consideran que o fai por amolar. O mesmo ladrón moi áxil e delgado podería estar roldando tamén a parroquia de Sobradelo.
A Policía Científica xa tomou pegadas e o home podería estar identificado.
A mediados de agosto houbo un roubo moi similar na parroquia da Santa Cruz de Castrelo en Cambados.