Publicador de contidos

Publicador de contidos

Trump anuncia que acadou con Irán as bases para un acordo de paz

Trump anuncia que acadou con Irán as bases para un acordo de paz

Os Estados Unidos pospuxeron un novo ataque a Teherán ante a existencia dun acordo

O entendemento supón a apertura de Ormuz e o fin da ameaza nuclear 

G24.gal 02/08/2026 05:25 Última actualización 02/08/2026 08:15

Donald Trump asegura que acadou con Irán as bases dun acordo que inclúe a apertura inmediata e completa do Estreito de Ormuz e o fin da ameaza nuclear.

Segundo explicou na súa rede Social Truth, tanto Irán como outros países de Oriente Medio pedíronlle que pospuxese calquera ataque á república islámica ao haber un entendemento, ao que tamén se sumaría Israel. Así que, engadiu, "en aras  do beneficio futuro do mundo" accedeu.

Lembramos que o pasado 17 de xuño Washington e Teherán asinaron un marco de entendemento  para poñer fin á guerra que permitiu reabrir o Estreito de Ormuz.

Porén, os ataques cruzados fixeron que Trump dese por cancelado o acordo e que Irán bloquease  a navegación por un punto polo que circula o 20% do petróleo mundial.

A guerra entre os Estados Unidos e Teherán comezou o pasado 28 de febreiro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade