Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un socorrista adolescente rescata un neno entre fortes ondas en California

Un socorrista adolescente rescata un neno entre fortes ondas en California

O socorrista de apenas 16 anos logrou sacar da auga un menor de 10 anos entre unha forte ondada

A súa heroica actuación fíxose viral e Donald Trump anunciou que o van condecorar

G24.gal 29/07/2026 11:47

Ao ver o pequeno en apuros, o socorrista, de só 16 anos, lánzase á auga. A ondada e a resaca do mar na praia de Santa Cruz, en California, complica o rescate. A auga arrástraos e mesmo os cobre por completo en varias ocasións.

O salvador non solta en ningún momento o cativo de 10 anos. Son momentos angustiosos. Varias persoas lánzanse ao mar para tratar de axudalos, enfrontándose á forza das ondas e sendo arrastrados. Un segundo socorrista únese aos traballos de rescate e, con moito esforzo, entre os dous finalmente conseguen levar o pequeno san e salvo ata terra.

A actuación deste socorrista adolescente vai ser recoñecida. Donald Trump xa anunciou a través das súas redes sociais que o levarán á Casa Branca para que reciba unha condecoración civil. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade