Trump cualifica de "invasión" a chegada de migrantes a Ceuta e di que España "non sabe que facer"
"É por unha débil aplicación da lei, mala administración, unhas leis moi progresistas", asegurou o presidente dos EUA
O presidente dos EUA referiuse a España na reunión do seu gabinete en Camp David. Reuters
O presidente dos Estados Unidos, cualificou este venres de "invasión" a crise migratoria de Ceuta, onde miles de persoas de Marrocos cruzaron a fronteira de forma irregular, e dixo que España "non sabe" como responder.
"Vin o de España e observei a catástrofe que tivo lugar. Pareceu unha invasión dun país por centos de miles de persoas, e iso mesmo vainos a pasar a nós se non gañan os republicanos (as eleccións), pero moito peor", declarou durante unha reunión co seu gabinete celebrada no retiro presidencial de Camp David.
Trump explicou que ao ver as imaxes de Ceuta decidiu que este tema debe ser utilizado polos republicanos durante a campaña para as eleccións de medio mandato do próximo 3 de novembro, na que se renovará parte do Congreso.
"Cando ves o que pasou en España, alí non saben que facer, e está a ocorrer outra vez hoxe. Están a entrar por decenas de miles, simplemente invadindo o país, e iso é por unha débil aplicación da lei, mala administración, unhas leis moi progresistas", dixo a pesar de que este venres non se rexistrou un fenómeno similar.
Trump, que reivindicou frear o fluxo migratorio na fronteira con México tras o que considera unha política de fronteiras abertas da anterior Administración de Joe Biden (2021-20215), dixo que a situación nos Estados Unidos será "peor" que a de Ceuta se os demócratas se fan co poder.