Delcy Rodríguez reúnese con Trump a poucos quilómetros do cárcere onde está encerrado Maduro
A presidenta interina de Venezuela cualifica de histórico este encontro, o primeiro en once anos entre un mandatario venezolano e un presidente estadounidense
Na entrevista, celebrada nun hotel de Nova York e sen acceso á prensa, abordaron asuntos de cooperación estratéxica
Daniel Torok/Prensa presidencial de Venezuela
Foi un encontro a porta pechada e sen acceso da prensa celebrado no hotel Lotte New York Palace, no marco dunha recepción ofrecida por Trump a líderes estranxeiros con motivo da Semana de Alto Nivel da ONU.
A cita produciuse a escasos quilómetros da prisión neoiorquina onde Nicolás Maduro permanece recluído acusado de narcotráfico e tras o controvertido acordo polo que Venezuela cedeu aos Estados Unidos parte das súas reservas petroleiras.
A presidenta interina de Venezuela, Delcy Rodríguez, cualificou de histórica esta entrevista, a primeira que un mandatario venezolano celebra cun presidente estadounidese en once anos.
Unha nova etapa de relacións bilaterais marcada polo diálogo
O encontro celebrouse a porta pechada e sen acceso da prensa, a diferenza doutras reunións mantidas por Trump en Nova York, como a que sostivo co presidente ucraíno Volodimir Zelenski.
Unha entrevista historica, en palabras de Delcy Rodríguez, celebrada en Nova York, tras a Asemblea Xeral da ONU, na que ambos abordaron asuntos de cooperación estratéxica.
"Sostivemos unha histórica reunión co presidente dos Estados Unidos Donald Trump, con quen converso sobre o fortalecemento da relación bilateral", escribiu Rodríguez na súa conta oficial de X.
Reuters
A líder venezolana agradeceu a Trump o seu apoio ao proceso de reinserción de Venezuela nos espazos multilaterais, exemplificada na presenza da mandataria neste grande encontro internacional, en que non participaba ningún presidente venezolano desde 2018.
Rodríguez agregou que temas como cooperación en áreas estratéxicas como enerxía, minería e seguridade, foron o centro da conversación durante o encontro, que se realizou no hotel Lotte New York Palace, no marco dunha recepción ofrecida por Trump a líderes estranxeiros con motivo da Semana de Alto Nivel da ONU.
Na entrevista participaron o secretario de Estado dos EUA Marco Rubio, o secretario do Tesouro Scott Bessent, a xefa de gabinete da Casa Blanca Susie Wiles e o subxefe de gabinete Stephen Miller.
Rodríguez destacou que a nova etapa das relacións bilaterais entre Caracas e Washington debe canalizarse a través do diálogo.
A cita produciuse pouco despois do controvertido acordo polo que Venezuela cedeu aos Estados Unidos parte das súas reservas petroleiras e a escasos quilómetros da prisión neoiorquina onde Nicolás Maduro permanece recluído acusado de narcotráfico.
Trátase do primeiro encontro entre un presidente estadounidense e un gobernante venezolano en máis de once anos, desde a breve reunión que mantiveron Barack Obama e Nicolás Maduro durante o Cumio das Américas de 2015 celebrado en Panamá.