Publicador de contidos

Publicador de contidos

Detido o fuxido en Ponte Caldelas por agredir a súa exparella e escapar co seu bebé

Detido o fuxido en Ponte Caldelas por agredir a súa exparella e escapar co seu bebé

G24.gal 18/06/2026 08:53

A Garda Civil detivo pouco despois das oito da mañá o home acusado de agredir a súa exparella e deixar abandonado o bebé de ambos durante a súa fuxida. No operativo participaron catro patrullas e os drons do equipo Pegasus.

No momento da súa detención, o home estaba no terreo da vivenda da súa exparella, segundo informa a Garda Civil. Estaba sendo bucado desde que fuxiu o pasado martes.

 As mesmas fontes explicaron que foi detido pola requisitoria que tiña en vigor, xa que sobre el había unha orde de detención e ingreso en prisión.

 O pasado martes sobre as 16.30 horas o home agredía supostamente á súa exparella, fuxindo ao monte co neno. Por iso, púxose en marcha un enorme operativo de procura, xa que "estaba en xogo a vida dun bebé". Nel estiveron presentes un helicóptero, drons, cans de detección de persoas, "incontables" patrullas e mesmo Seprona.

Horas despois, o bebé foi localizado con vida ao lado da casa reitoral, onde o deixara o home.

Con todo, este mércores continuou a procura do presunto agresor, ao cal xa lle constaba unha orde de procura e detención por un caso previo. Non foi ata esta mañá cando foi localizado.

Veciños da zona mostraron a súa preocupación ante a situación que vivían nas últimas horas. Segundo indicaron a Europa Press, en varias ocasións previas oíron gritar á muller pedindo axuda. No entanto, unha vez acudían ao seu auxilio dicíalles que non pasaba nada.

Asustados, decidiron non saír de casa nas últimas horas ata que se dese co paradoiro do home, indicaron.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade