Publicador de contidos

Publicador de contidos

Investigado ao conducir nas Pontes en sentido contrario, sen carné e bébedo

Investigado ao conducir nas Pontes en sentido contrario, sen carné e bébedo

A Garda Civil agradeceu a exemplar colaboración da cidadá que alertou da situación de perigo

O conductor está sendo investigado como presunto autor de tres delitos contra a seguridade viaria  

Garda Civil/Ministerio do Interior Garda Civil/Ministerio do Interior
G24.gal 12/06/2026 09:38

A Garda Civil investiga un condutor como presunto autor de tres delitos contra a seguridade viaria ao ser interceptado nas Pontes mentres circulaba en sentido contrario, baixo o efecto de bebidas alcohólicas e sen carné de conducir en vigor por mor dunha sentenza xudicial.

O corpo de seguridade agradeceu este venres a colaboración cidadá por alertar desta situación de risco, posibilitando unha rápida actuación para localizar o coche, que foi visto á altura do quilómetro 31 da autovía AG/AG-64 mentres circulaba en dirección contraria, do que advertiu unha muller ao 112 Galicia.

Unha patrulla da Garda Civil de Tráfico de Ferrol acudiu á zona e puido interceptar o turismo, para realizar despois unhas probas de detección alcohólica que reflectiron unha taxa superior ao límite penal establecido, constatando ademais que carecía de permiso de condución en vigor ao constarlle unha suspensión temporal por sentenza xudicial.

Por iso, investigouse o implicado por tres delitos contra a seguridade viaria ao concorreren a condución baixo a influencia de bebidas alcohólicas, condución con perda de vixencia do permiso por sentenza xudicial e condución temeraria ao circular en sentido contrario por unha autovía, xerando un evidente risco para a vida e integridade doutros usuarios.

A benemérita agradeceu a exemplar colaboración da cidadá que alertou da situación de perigo e mantivo informados en todo momento os servizos de emerxencias e sostivo que a súa actuación responsable permitiu non só alertar dun grave risco para a seguridade viaria, senón tamén contribuír á identificación. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade