Publicador de contidos

Publicador de contidos

Falece un motorista tras bater unha furgoneta contra el en Carballeda de Avia

Falece un motorista tras bater unha furgoneta contra el en Carballeda de Avia

O suceso tivo lugar ás 07:45 horas deste venres no punto quilométrico 255 da A-52

Unha vez no lugar, os servizos de emerxencia só puideron confirmar o falecemento do motorista

G24.gal 12/06/2026 08:51 Última actualización 12/06/2026 14:18

Un motorista de 42 anos faleceu tras colidir contra unha furgoneta en Carballeda de Avia. O suceso tivo lugar ás 07:45 horas deste venres no punto quilométrico 255 da A-52.

Foi o propio condutor da furgoneta quen contactou co 112 Galicia para informar de que acababa de sufrir unha colisión cunha motocicleta. Pouco despois, indicou a posibilidade de que o motorista estivese falecido.

Nada máis recibir o aviso, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizou inicialmente o helicóptero medicalizado con base en Ourense. Tamén foron alertados os Bombeiros do Carballiño, o GES de Ribadavia e a Garda Civil de Tráfico.

Unha vez no lugar, os servizos de emerxencia só puideron confirmar o falecemento do motorista.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade