Publicador de contidos

Publicador de contidos

Buscan un condutor que fuxiu logo dunha colisión con outro vehículo en Coles

Buscan un condutor que fuxiu logo dunha colisión con outro vehículo en Coles

O sinistro tivo lugar na N-525, e varias persoas quedaron feridas

O sinistro tivo lugar na N-525 (TVG) O sinistro tivo lugar na N-525 (TVG)
G24.gal 09/06/2026 21:21

A Garda Civil busca un condutor que fuxiu tras bater contra outro turismo na nacional 525 ao seu paso polo concello de Coles. No accidente de tráfico feríronse varias persoas que ocupaban o segundo vehículo implicado.

Ningún reviste gravidade malia que un deles quedou atrapado no interior e precisou axuda para saír do coche dos equipos de emerxencias que se desprazaron desde o GES do Pereiro de Aguiar, Bombeiros do Carballiño e Protección Civil de Coles, xunto á Garda Civil.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade