O PP pide a dimisión de Marlaska, que nega relación da directora da Garda Civil coa suposta trama de Leire Díez
O PP pide a dimisión de Marlaska, que nega relación da directora da Garda Civil coa suposta trama de Leire Díez
O PP acusou o ministro do Interior de mentir nas súas declaracións e criticouno por non cesar a directora da Garda Civil
As preguntas ao Goberno volveron centrarse na corrupción durante a sesión de control do Senado deste martes. O Partido Popular acusou o ministro do Interior de mentir nas súas declaracións e criticouno por non cesar a directora da Garda Civil.
Entre gritos de dimisión, Grande-Marlaska reiterou que nas reunións de Mercedes González con Leire Díez non se falou da trama de supostas presións a mandos da Garda Civil e tamén a membros da maxistratura ou a fiscalía para obstaculizar investigacións por supostos casos de corrupción relacionados co PSOE.