Cargando resultados...
Detido en Cangas tras agredir cun machete a outro home nunha discusión familiar
A vítima sufriu diversas lesións
Garda Civil (Arquivo)
G24.gal
22/06/2026 19:46
Un veciño de Cangas de Morrazo foi detido este luns tras, presuntamente, agredir a outro cun machete, segundo informaron fontes policiais.
Os feitos ocorreron contras as 15:00 horas desta tarde, indicaron fontes de Emerxencias.
Os axentes procederon a deter ao presunto agresor e atoparon o machete que, probablemente, foi usado no ataque.
A vítima sufriu distintas lesións neste suceso que se rexistrou na Rúa de Bastón, no Concello de Cangas, e foron mobilizadas as Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Policía Local e a Garda Civil.