Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un preso perigoso intenta apuñalar un funcionario no cárcere da Lama

Un preso perigoso intenta apuñalar un funcionario no cárcere da Lama

O incidente produciuse tras negarse un interno a saír da cela e posteriormente a someterse a un cacheo

O sindicato TAMPM denuncia nun comunicado as condicións de traballo dos funcionarios de prisións

Cárcere da Lama. Imaxe de Arquivo Cárcere da Lama. Imaxe de Arquivo
G24.gal 22/08/2026 18:58

O Centro Penal da Lama, en Pontevedra, viviu un grave episodio de violencia este venres, 21 de agosto. Un preso, considerado perigoso, tentou apuñalar un funcionario. Foi durante o desenvolvemento das tarefas habituais de control e seguridade dos internos no módulo 14, módulo de internos máis perigosos.

O incidente produciuse tras negarse un interno a saír da cela e posteriormente a someterse ao cacheo da súa persoa. Unha vez que conseguiron realizar o rexistro, o interno permanecía nun estado de grande axitación e golpeaba con forza a porta da cela, segundo explica nun comunicado o sindicato Tu Abandono Me puede Matar (TAMPM).

Explica este sindicato de funcionarios de prisións que os funcionarios lle comunicaron ao interno que se ían illamento provisionalmente e que o interno se negou a saír e que se parapetou ao fondo da cela,  que colleu unha cadeira cunha man e un obxecto afiado na outra.

Describe o sindicato TAMPM que o interno utilizou a cadeira como arma contra os funcionarios e  lanzou numerosas patadas, dentadas e puñadas, chegando a alcanzar a varios funcionarios. O momento de maior gravidade produciuse, segundo explica o comunicado deste sindicato de funcionarios de prisións, cando o interno intentou apuñalar en varias ocasións a un funcionario cun mango de cepillo de dentes que previamente afiara para convertelo nun obxeto punzante.

Finalmente, os funcionarios conseguiron reducir o interno e trasladalo a unha cela de illamento.

O sindicato TAMPM denuncia no seu comunicado que "este feito se podería evitar se as autoridades penais tivesen interese en dar solucións reais aos problemas de violencia nos cárceres e non dedicasen todo o seu esforzo a terxiversar a realidade".

O sindicato considera que estes presos perigosos "deberían trasladarse a un centro que dispoña de módulo de illamento. Xa que A Lama, por culpa dunhas obras de reacondicionamiento, ten ese módulo pechado desde hai tempo. Pero a administración penal prefire "enganarse" alterando a clasificación deses internos violentos, a unha clasificación de internos non adaptados. Así mellora as súas estatísticas, pero pon en perigo aos seus traballadores."

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade