Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un Arde Lucus marcado pola calor extrema

Un Arde Lucus marcado pola calor extrema

Balance positivo para hostaleiros e colectivos, que desmontan os campamentos contra o reloxo

Un bombeiro refresca con auga unha romana na praza Maior de Lugo
Félix Aragunde 22/06/2026 21:13 Última actualización 22/06/2026 21:41

O vixésimo quinto aniversario do Arde Lucus gozou dun tempo demasiado caloroso. Por momentos incluso tórrido, con temperaturas superiores aos 35 graos. Tanto foi así, que os bombeiros chegaron a refrescar con auga galaicos e romanos para evitar golpes de calor. Malia todo, houbo quen precisou asistencia médica. 

"Son convocatorias con moita xente, e a verdade que é que foi moita calor. Unha moza da nosa asociación incluso sufriu un golpe de calor e tivérona que levar ao HULA", asegura Cristina Fieira, de Salesiani Lucus Augusti

"Impresionante. Eu creo que, dende que estou eu, foi o ano con máis calor. Intentamos axudarnos uns a outros e tiramos para diante", destaca Manu Seijo, de Civitas Lucensis

Con todo, tanto os hostaleiros coma os colectivos culturais implicados na organización da festa cualifican como excelente esta edición do Arde Lucus.

"De feito, estiveron cheos os hoteis. Nós o que queremos é que Lugo se encha de xente e que haxa un gasto efectivo no noso sector, o da hostalería e o turismo, e ás veces iso non se corresponde co nivel de ocupación. Ou si, ou moito máis", sinala Cheché Real, presidente de Hostalería e Comercio de Galicia

"Para nós foi unha moi boa edición. Unha edición moi especial, porque foron 25 anos de Arde Lucus e 10 da nosa asociación. Foi un ano moi bonito, e esperemos que todos sexan así", engade Víctor Rodríguez, Clan de Breogán

A outra cara da moeda dos catro días de troula do Arde Lucus é ter que desmontar os campamentos, a maior parte dos colectivos coa presión de ter que deixar libre o solo público ocupado durante a festa.

"Tivemos que madrugar moitísimo para arranxar un pouco o campamento. As fachadas non se recollen soas e temos centos e centos de obxectos, como ánforas, flores ou cestos, e entón hai que estar aquí traballando todo o día", afirma Iago Valín, de Kertix

"Cando ves montar, ves moi contento. Vas para a festa, alegre, e éche máis fácil. Pero este traballo, despois do Arde Lucus, estás cansado, pero é un traballo que hai que facer", asevera Víctor Rodríguez. 

 "Polo tema da ocupación de solo público. Nós tamén o temos ocupado, pero botamos un mes montando e vaino levar bastante tempo", agrega Adolfo Álvarez, da Cohors III Lucensium

En calquera caso, xa queda menos para unha nova edición da maior festa de recreación histórica do país, declarada de interese turístico internacional.

Membros de Salesiani Lucus Augusti desmontan o seu campamento no parque de Rosalía Membros de Salesiani Lucus Augusti desmontan o seu campamento no parque de Rosalía
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade