Atropelos e accidentes na rotonda provisional da praza do Moledo en Sárdoma
Esta parroquia de Vigo multiplicou o tráfico ao converterse en atallo para ir ao hospital Cunqueiro, e é zona de tránsito de camións e furgonetas de empresas de loxística
A expansión das cidades fai que xurdan problemas como o que están a sufrir dende hai anos na praza de Moledo en Vigo. O tráfico na parroquia de Sárdoma multiplicouse ao se converter en acceso ao Hospital Cunqueiro e diversas naves de loxística. Os veciños levan tempo denunciando que a rotonda é un perigo para a seguridade de peóns e conductores.
Esta rotonda na praza de Moledo en Sárdoma amorea incidentes nos últimos tempos. Fíxose o ano pasado de xeito provisional, converteuse non atallo para ir ao Hospital Cunqueiro, e comunica tamén co polígono de Miraflores, o campo de fútbol e un colexio. Os veciños láianse de que coches, autobuses, camións e ambulancias circulan continuamente e a gran velocidade. Non hai beirarrúas e poucos respetan a rotonda.
Os accidentes multiplícanse nesta praza de Moledo. Como o da veciña da vivenda que fai esquina na rotonda, que rompeu unha perna hai cinco anos tras sufrir un atropelo no cruce de peóns. O marido doutra veciña foi abordado no coche por un autobus Vitrasa e dí que por sorte non ía de copiloto porque xa non estaría aquí para contalo.
Dende o concello levan un ano dicindo que a obra é inminente. Xa acordaron cun veciño a expropiación deste terreo para ampliar a rotonda para que conductores e peóns teñan mais visibilidade, pero non saben cando van facelo. Conductores e peóns piden que o fagan xa.
Os veciños subliñan que na obra provisional cegaron un dos sumidoiros de augas pluviais que baixan con moita forza da zona alta da parroquia, o que complica aínda mais a circulación os días de chuvia.