Publicador de contidos

Publicador de contidos

Cinco helicópteros e dous avións traballan para sufocar un incendio en Cospeito

Cinco helicópteros e dous avións traballan para sufocar un incendio en Cospeito

O lume non afecta a núcleos habitados

Cospeito, este luns Cospeito, este luns
G24.gal 22/06/2026 20:07

 A Consellería do Medio Rural despregou un importante número de medios terrestres e aéreos para tratar de controlar un incendio que permanece activo no municipio de Cospeito.

As elevadas temperaturas que se acadaron nesta xornada dificultan os labores de extinción.

O incendio comezou ás 16:07 horas na parroquia de Xermar, por causas que aínda se descoñecen. Polo de agora, a Consellería non ten unha estimación provisional das hectáreas queimadas, pero o lume non afecta a núcleos habitados.

Para controlar o incendio, o servizo de extinción mobilizou por terra tres axentes, doce brigadas, catro motobombas e unha escavadora. Polo aire, están participando nos traballos para sufocar o lume cinco helicópteros e dous avións.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar