O informe impulsado por Galicia que avala a caza do lobo recibe o apoio da maioría das comunidades
O documento conclúe que a especie presenta un estado de conservación favorable en España, aínda que o Ministerio sostén a tese contraria
- Lobo.- Europa Press/Contacto/Shane Srogi -
O informe promovido pola Xunta de Galicia que defende que o lobo se atopa nun estado de conservación favorable en España recibiu este luns o apoio da maioría das comunidades autónomas na Conferencia Sectorial do Medio Ambiente.
Segundo indicaron fontes do Ministerio para a Transición Ecolóxica, Euskadi e Castela-A Mancha abstivéronse na votación, mentres que ningunha comunidade apoiou o informe elaborado polo propio departamento estatal, que conclúe que a especie non presenta un estado de conservación favorable.
Na reunión analizáronse dous documentos: o impulsado por Galicia e outro elaborado polo Ministeiro a partir dos datos remitidos pola autonomías. A principal diferenza entre ambos reside en que o informe avalado polas comunidades considera que a situación do lobo permitirá a súa xestión conforme á lexislación vixente, mentres que o estatal mantén que non se dan as condicóns para iso.
A Unión Europea esixe aos estados membros a elaboración periódica e infromes sobre o estado de conservación das especies e dos ecosistemas protexidos, entre eles o lobo, incluído na Directiva Hábitats. Os resultados destes estudos serven de base para a aplicación das políticas de protección e xestión ambiental.