Galicia, sen incendios forestais activos tras estabilizar o da Capela
O incendio na Mezquita calcinou 50 hectáreas e o da Capela 30
TVG
A Consellería do Medio Rural dá por estabilizado o incendio que entrou este domingo desde Portugal á Mezquita e que afectou unhas 50 hectáreas. Continúa activo, pola súa banda, o lume da Capela, que queimou xa unhas 30 hectáreas.
Así, o incendio rexistrado na parroquia de Manzalvos da Mezquita, que entrara procedente de Portugal na mañá deste domingo, quedou estabilizado sobre as 22:15 horas.
Segundo as últimas estimacións provisionais, a superficie afectada en Galicia por este lume é de 50 hectáreas. Para a súa extinción mobilizáronse polo de agora nove axentes, 16 brigadas, nove motobombas, catro pas, sete avións e sete helicópteros.
Tamén foi xa estabilidazo as 14.28 deste luns o lume que desde a madrugada do domingo afectaba á localidade coruñesa da Capela, que queimou xa unhas 30 hectáreas de terreo. Para a súa extinción mobilizáronse ata o de agora dous técnicos, 13 axentes, 18 brigadas, 19 motobombas, unha pa, tres helicópteros e dous avións.