Cada ano morren unhas 1.400 persoas en España por golpes de calor
Os grupos máis expostos son os nenos, os maiores e as persoas con enfermidades crónicas
Voluntarios do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense achéganse as zonas de recreo para informar sobre os golpes de calor e que facer
As temperaturas destes días son para caer desfalecidos. Sufrir un golpe de calor non é algo tan raro; de feito, en España morren cada ano 1.300 persoas por esta causa, segundo estimacións do Instituto Carlos III.
Estes días voluntarios do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense achéganse as zonas de recreo para informar sobre os golpes de calor e que facer. Os expertos din que os grupos máis expostos son os nenos, os maiores e as persoas con enfermidades crónicas.
Algúns dos síntomas dun golpe de calor son a sequidade, a dor de cabeza ou ter cambras. Os médicos afirman que con temperaturas tan altas hai que hidratarse, evitar a exposición prolongada ao sol e non facer exercicio físico intenso.