Publicador de contidos

Publicador de contidos

Alerta laranxa por calor no val do Miño, na comarca do Carballiño e no sur de Lugo

Alerta laranxa por calor no val do Miño, na comarca do Carballiño e no sur de Lugo

O resto do interior da comunidade autónoma permanecerá en aviso laranxa nunha xornada que promete ser crítica

 Esta madrugada, arredor das seis da mañá, rexistráronse temperaturas extremas: 30º en Folgoso do Courel e Cedeira; 29 en Rubiá, en Ourense

G24.gal 23/06/2026 08:06

Galicia vive unha xornada de calor extrema. Os termómetros rozaron os 40 graos en Ourense e superaron os 38 no sur de Lugo. E a situación empeorará este martes coa activación do aviso vermello por risco extremo en varias comarcas, nun episodio que obriga a buscar formas de refrescarse.

O resto do interior da comunidade autónoma permanecerá en aviso laranxa nunha xornada que promete ser crítica.

As temperaturas continuarán subindo nas próximas horas. Este martes, o aviso amarelo afectará practicamente a toda Galicia, agás á Mariña, noroeste da Coruña e as Rías Baixas. A alerta laranxa seguirá activa no val do Miño e incluirá máis concellos, concretamente da comarca do Carballiño e do sur de Lugo. Esta madrugada, arredor das seis da mañá, rexistráronse temperaturas extremas. Ata 30º en Folgoso do Courel e Cedeira; 29 en Rubiá, en Ourense.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade