Dous detidos por roubar oito bobinas de aluminio en Ferrol
O Goberno local detallou que o valor no mercado deses elementos rolda os catro mil euros
Imaxe cedida pola Policía Local de Ferrol
O Concello de Ferrol comunicou que a policía local detivo a dous homes como supostos autores da subtracción de oito bobinas de aluminio que foron recuperadas polo corpo de seguridade na madrugada do venres ao sábado.
O consistorio destaca que unha chamada á sede policial alertou pouco antes da medianoite da presenza de dúas persoas dentro dunha furgoneta na rúa Instituto, no barrio do Ensanche, onde se localizou ese vehículo, cos dous sospeitosos e as bobinas de aluminio no seu interior.
O Goberno local detallou que o valor no mercado deses elementos rolda os catro mil euros e indicou que os axentes "procederon á detención dos dous homes tras informarlles dos seus dereitos e do motivo da súa detención".