Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unha vaga de roubos atemoriza Santa Baia de Donas, en Gondomar

Unha vaga de roubos atemoriza Santa Baia de Donas, en Gondomar

Os veciños montaron un grupo de seguimento en WhatsApp con 300 usuarios e fan vixilancias polas noites

G24.gal 23/06/2026 13:59

Os veciños de Santa Baia de Donas, en Gondomar, están atemorizados pola vaga de roubos que asola á parroquia. Crearon un grupo WhatsApp para controlar os ladróns e fan patrullas nocturnas pola parroquia. Consideran que os ladróns son da zona, algunhas veces cruzáronos.

Benito mesmo posúe unha gravación da cámara de seguridade en que se ve como foxen da súa vivenda. Foron varios os veciños que os colleron na allada, ou que se cruzaron con eles. Son altos e áxiles e en Donas coidan que son da zona porque saben moi ben como acceder e como fuxir, andan polos tellados e agóchanse nas casas onde saben que non hai ninguén.

A Garda Civil confirma cinco denuncias; dúas delas na parroquia de Vilariño, no concello de Nigrán. Os ladróns levan máis dun mes actuando e malia os constantes sustos e que poderían estar a piques de ser identificados non cesan na súa actitude.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade