Detectan un aumento de roubos nas terrazas
A policía recomenda levar o bolso baixo control e o móbil e a carteira nos petos dianteiros
Bo tempo, vacacións, bares cheos, aglomeracións... Unhas condicións idóneas para a actuación de carteiristas e ladróns.
A Policía Nacional detectou un aumento dos furtos sobre todo en zonas de lecer e terrazas. Así que recomenda algúns consellos básicos para non descoidarse e evitar caer en calotes e estafas.
Non é infrecuente que afrouxemos a vixilancia cando estamos relaxadamente tomando algo nunha terraza. É aí cando os ladróns sí aumentan a concentración e actúan aproveitando o descoido.
Para evitar iso, consellos básicos de sentido común.
Descoidos que ás veces rematan ben grazas aos camareiros.
Ao camiñar pola rúa, cómpre levar o bolso baixo control e o móbil e a carteira nos petos dianteiros. O verán é tempo tamén para estafas, trucos e calotes de todo tipo. Como o clásico do caixeiro automático. Ou o da mancha na roupa.
Pasar un verán sen sobresaltos depende en boa medida de nós, só cómpre sentidiño e precaución.