Rouban na Illa os cartos que uns 200 rapaces tiñan para ir de excursión
Entraron na sede do Club de Baloncesto da Dorna e forzaron a caixa
A pesar do sucedido, a directiva do club garante que mantén a saída cos rapaces a Cerceda
Os ladróns intentaron forzar a porta traseira deste local do Club de Baloncesto da Dorna, pero non o conseguiron e acabaron entrando por unha das ventás Romperon a caixa e levaron os cartos que estaban gardados para a excursión de fin de temporada duns 160 cativos. Nesta casas, que noutro tempo fori vivenda de profesores do Colexio Torre-Illa, o equipo ten a súa sede.
"Non che podo dicir, pero unha cantidade importante". "Entraron a noite do marte e levaron os cartos".
O roubo causou desgusto entre as familias dos rapaces e na veciñanza. O club presentou denuncia ante a Garda Civil.
É unha putada moi grande que os nenos están coa ilusión e agora lles digas que non hai cartos". "Dá pena que lles rouben aos nenos, porque os cartos son dos nenos", din dous homes.
Con todo, a directiva garante que, como estaba previsto, mañá irán de excursión.
"Os nenos non poden quedar sen excursión", conta unha voceira da directiva.
"Irán mañá ao parque acuático de Cedeira. Van pasalo ben", di un dos pais.
Agardan que o sucedido non empane esta fin de temporada.