Os comerciantes da Coruña piden máis vixilancia policial ante a vaga de roubos
Esta semana os ladróns asaltaron dous establecementos na contorna da praza de Vigo
Un comercio da contorna da praza de Vigo aínda conserva as pegadas do suceso. O ladrón ou ladróns actuaron de madrugada para entrar no interior do local. Revolveron todo e finalmente levaron unha pequena cantidade de efectivo que gardaba na caixa.
Non se conformaron con este botin e volveron intentalo en varios locais hostaleiros da mesma zona. Conseguírono neste establecemnto forzando a porta. Os comerciantes da Coruña están preocupados.
"Hai moita inseguridade. Roubos, altercados. Anda a cousa complicada", di un comerciante ao que lle roubaron en tres ocasións.
Na froitería de Pablo entraron tres veces nos últimos meses. O xeito de proceder é común na maiorr parte dos roubos: "Non é que leven moitos cartos. Pillan o que poden. O peor é que negocios pequenos que nos custa sobrevivir, con estes robos é peor a cousa".
En barrios coma Os Mallos ou Vioño suman ademais numerosos roubos en coches e garaxes. Unha situación que veñen recollendo as estatísticas oficiais. Os balances do Ministerio do Interior recollen un aumento de máis dun 76 % dos roubos en locais comerciais.
"As cifras preocúpannos. A persoa que está á fronte dun negocio xa ten problemas dabondo. E estes roubos ou furtos desincentivan moito", di o presidente da Asociación de Comerciantes do Obelisco, Javier Pastorizo.
Comerciantes e hostaleiros piden máis presenza policial nas rúas. "Os establecementos asociados o que nos están pedindo é que demandemos mais vixilancia poilicial. Sobre todo poruqe o que fai é disuadir", reclama Pastorizo.
Mentres, non lles queda outra que poñerlles máis barreiras aos ladróns para evitar novos sustos.