Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rebentan o coche dos ladróns aos que os veciños pillaron na allada en Silleda

Rebentan o coche dos ladróns aos que os veciños pillaron na allada en Silleda

Sorprenderónos co maleteiro cheo de material roubado, cando querían entrar na casa doutro veciño

É xente da zona, con antecedentes, que busca ferramenta agrícola e de construcción, con roubos superiores aos 3.000 euros

G24.gal 27/07/2026 14:43

Rebentaron o coche no que chegaran a Gamil, en Silleda. É o último capítulo, ata agora, dunha película de suspense que ten amedrentada a veciñanza.

"Sentimos golpes ás tres da madrugada e pola mañá apareceu asi o coche. podemos vivir asi tranquilos? Non!", lamenta unha veciña.

Non se explican á conta de que fixeron isto, pero queren que retiren o coche xa por ser un foco de conflito. 

"Xa vedes como o deixaron. Daquela a que vén que siga o coche aquí? Para que sigan vindo facer das súas?".

"Está sen seguro, eles sen carné, alcol, drogas, etcétera, ... Precintáronlle o coche e aí quedou".

Pertence aos ladróns que roldan pola zona. Sorprendéronos cando querían entrar na casa dun veciños. 

"Chamoume o meu fillo para me avisar de que viñan cara aquí e xa vin a un saltar do coche e ir cara a casa do veciño. Daquela avisei a outra veciña e ela saltou para atallalos. Viñemos todos e non os deixamos marchar ata que veu a Garda Civil para tomar conta deles".

Levaban o maleteiro cheo de material que lle roubaran a un construtor da zona.

"O maletín da rebarbadora era del, que ata tiña o adhesivo, e chamámolo e roubáranlle ese maletín, un picador do grandes; en total,  o valor pasaba dos 2.000 euros. A outro veciño levarónlle as baterías do tractor, o brazo do tractor, desbrozadoras, que o home adícase á madeira, un taladro de columna..., despois véndenas por dúas perras que lles chegan para meterse para o día".

Material que supera os 3.000 euros. O peor é que os coñecen. Son de preto... e descarados. 

"Son coñecidos. Xa levan facendo esto moito tempo e nós temos medo".

"Cando abriron o maleteiro o propio ladrón preguntou se esas cousas eran de alguén dos que estabamos aqui. Como non eran, defendeu que el era ladrón e que é o que hai".

E porque se cren con dereito, seguen espreitando con outro coche. Temen un "continuará".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade