Publicador de contidos

Publicador de contidos

Advirten dos riscos dos petardos ilegais de postos ambulantes

Advirten dos riscos dos petardos ilegais de postos ambulantes

Recomendan comprar os explosivos en tendas autorizadas, almacenados con seguridade

A Garda Civil incautouse de máis de 20.000 unidades nas festas do Burgo e de Arteixo, con catro investigados

G24.gal 31/07/2026 14:44

Forman parte da tradición, da nosa infancia, vémolos en calquera romaría que se precie, os petardos de sempre, pero, ollo!

"Só se poden vender en establecementos autorizados, nunca en venda ambulante. O máis importante é que sexan materiais ignífugos e que a seguridade e a amplitude do local sexa acorde co que poden almacenar", advirte o Cabo Hugo Paz, da Unidade Fiscal de Aduanas e Fronteiras da Garda Civil da Coruña.

Estas imaxes son do último golpe á venda ilegal de artefactos pirotécnicos. Máis de 20.000 petardos en postos das festas do Burgo e de Arteixo. Á venda, sen permisos, sen controis e a saber en que condicións .

"Se a persoa que vende isto non ten autorización, pode vendelo a calquera rapaz sen mirar a idade pero ademais non sabemos como están conservados nin gardados e poden ser defectuosos porque teñen que ter unhas condicións de específicas de temperatura e de ambiente. Non sabemos realmente se ese produto está ben para usar e non podemos asegurar que non vaia provocar danos", engade o cabo.

Hai dous tipos, por potencia e por idades.

"A categoría F1 é para maiores de doce anos e a F2 é para maiores de 16. Cada categoría está pensada para unha idade específica", aclara o Garda Civil.

O risco aumenta no verán. Coa terra seca como está...

"Se lanzas un petardo F2 pódese inflamar e producir un pequeno incendio, ou incluso grande, depedendo de onde se lance. Lanzar un petardo F2 nun monte agora, co risco extremo que hai de incendios, podemos imaxinar o que pode pasar", avisa o Cabo Hugo Paz.

Xa se sabe que quen xoga con lume, acaba queimándose.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade