Publicador de contidos

Publicador de contidos

Milleiros de desprazados tentan volver á casa malia que O Líbano denuncia violacións do cesamento do fogo

Milleiros de desprazados tentan volver á casa malia que O Líbano denuncia violacións do cesamento do fogo

Por mor destes ataques, o Exército pediu á poboación que se absteña de volver ás localidades do sur do país, pero os atascos son quilométricos

Irán rexeita un cesamento do fogo temporal e pide poñer fin á guerra en toda a rexión

Persoas desprazadas cruzan a ponte que une o sur do Líbano co resto do país, que foi atacado anteriormente por Israel, en Qasmiyeh / REUTERS
G24.gal 17/04/2026 08:12

O exército do Líbano denunciou a madrugada do venres ataques israelís horas despois da entrada en vigor do cesamento do fogo pactado entre Beirut e Tel Aviv, que entrou en vigor ás 21:00.

Nun comunicado, as forzas armadas libanesas dixeron que rexistraran varios ataques israelís, alén de bombardeos intermitentes que afectaron unha serie de localidades, no que describen como violacións do acordo.

Por mor destes ataques, o exército pediu á poboación que se absteña de volver ás localidades do sur do país.

Un acordo de cesamento do fogo de dez días entre o Líbano e Israel entrou en vigor á medianoite local despois de negociacións mediadas por Washington.

A tregua foi anunciada hoxe polo presidente estadounidense Donald Trump, tras excelentes chamadas telefónicas co primeiro ministro israelí Benjamin Netanyahu e o presidente libanés Joseph Aoun, nunhas conversacións que non incluíron o grupo xiíta Hezbollah, que é quen ataca o norte de Israel desde o Líbano.

A tensión entre Israel e o Líbano ameazaba con facer cambalear o fráxil cesamento do fogo de dúas semanas entre Os Estados Unidos e Irán, que concluirá o próximo día 22, mentres se espera que se retomen as conversacións de paz en Paquistán.

O servizo de alertas de Israel rexistrou un posible ataque recibido no norte de Israel, moi preto da fronteira co Líbano, unha hora despois da entrada en vigor da tregua temporal, a pesar de que Hezbollah non reivindicou ningún bombardeo e o exército israelí non se pronunciou ao respecto.

Atascos quilométricos

A autovía que une Beirut co sur do Líbano rexistrou este venres atascos quilométricos ante o gran número de persoas desprazadas que están a regresar aos seus fogares tras a entrada en vigor do cesamento do fogo con Israel, algúns con intención de quedarse e outros aínda máis cautos.

Algúns ondeando bandeiras do grupo xiíta libanés Hezbollah polos portelos ou fotografías de parentes falecidos durante o conflito. Hai algunhas familias optimistas de que a tregua de dez días vaia converterse en algo definitivo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade