Publicador de contidos

Publicador de contidos

As restricións pola dermatose nodular bovina pon difícil atopar animais para o folión de Chantada

As restricións pola dermatose nodular bovina pon difícil atopar animais para o folión de Chantada

Os organizadore confian igualmente en conseguir os exemplares necesarios para tirar dos carros que sairán o vindeiro día 22

G24.gal 02/08/2026 21:14

Co deseño dos carros xa en marcha, en Chantada están preocupados por conseguir animais de tiro para o desfile do folión.

As restricións sanitarias para evitar o contaxio da dermatose nodular bovina complica a situación

"A día de hoxe hai poucas xugadas de vacas e bois" e se non poden vir de fóra "limitaría moito a tracción animal de moitos carros", asegura o presidente da Asociación de Amigos do Folión de Chantada, Manuel José Vázquez.

A Xunta prorrogou todo o mes as medidas de precaución, pero en Asturias, de onde proceden boa parte dos animais utilizados habitualmente para tirar dos carros, son máis restrictivas. Aquí vémolos en acción, no folión de hai uns anos.

O que os organizadores teñen claro é que non van renunciar ao folión. Para eles, é máis ca un desfile de carros que representan oficios, tradicións ou festas. Di Manuel José Vázquez que "non se sabe cal e á orixe" e que "para o pobo de Chantada é unha situación complicada no caso de que haxa estas dificultades".

Confían en superalas, aínda contan con varias xornadas de marxe, ata o vindeiro día 22.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar